mércores, 23 de abril de 2014

XELATINA DE AMORODO

RECEITA: Lávanse os amorodos, quítaselle as follas verdes, picámolos en anacos pequeniños (pódense, tamén, bater). Prepárase a xelatina (sabor a morango) según as instruccións do sobre e unha vez feita achéganse os amorodos cortados ou batidos. Bótanse en recipientes individuais e mátense no frigorífico ata que arrefrían. Unha vez fríos desmóldanse o pónse como adorno un trozo de amorodo e unha folliña de menta.












luns, 7 de abril de 2014

CEMPÉS DE PLÁTANO

CEMPÉS DE PLÁTANO POLO ALUMNADO DE 4 ANOS.

RECEITA:

Pelamos os plátanos e cortámolos  en trozos de dous centímetros aproximadamente.
Unimos os trozos de plátano con crema de chocolate (Nocilla, Nutela...)
Como pés usamos trociños de MIKADO e como antenas dous trociños dos que non teñan chocolate.
Como ollos dúas boliñas de caramelo ou chocolate e xa temos o noso cempés.













Ratos de amorodo

RATOS DE AMORODO POLO ALUMNADO DE 3 ANOS.

 RECEITA:

 Lánvanse os amorodos e quitámoslles a parte verde.
Cortamos os amorodos transversalmente pola metade para que queden perfectamente pousados no plato.
A cola farase cun trozo de tira de regaliz vermello pinchado na parte posterior de cada metade do amorodo. As orellas dos ratos serán trozos de améndoas fileteadas e os ollos farémolos con boliñas de caramelo o máis pequeniñas posibles.