mércores, 28 de decembro de 2016

RECEITAS DE NADAL CON PAN DE MOLDE. 1º E. PRIMARIA

Para finalizar o trimestre e dar paso ás vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 1º de primaria xunto coa súa mestra Celsa, fixeron unhas orixinais receitas con pan de molde e diferentes ingredientes. Para realizalas, empregaron moldes de galletas navideños: árbores, bonecos de neve, estrelas...

Entre os ingredientes que empregaron:
-Pan de molde
-Queixo de untar
-Marmelada
-Mel
-Virutas de chocolate e de cores
-Crema de cacao

venres, 23 de decembro de 2016

ÁRBORES DE NADAL CON FROITA. 5º E. PRIMARIA

A mestra Gloria e os rapaces e rapazas de 5º, prepararon unhas deliciosas árbores de Nadal con kiwis e granadas.
Son moi sinxelas, creativas, quedan moi bonitas e sobre todo, están riquísimas!

Probade a facelos nas vosas casas e deixade a familia e amigos 
coa boca aberta!

ÁRBORES DE NADAL CON FROITA. 2º E. PRIMARIA

Os rapaces e rapazas de 2º coa axuda das mestras Mercedes e Yoli, fixeron unhas árbores de Nadal con froitas, moi axeitadas para estas datas.
Seguro que sodes capaces de facelas na casa e amosar a vosa arte! 
Mans á froita!

domingo, 27 de novembro de 2016

FROITAS DE OUTONO: MAZÁ VS PERA. ALUMN@S 6º E.INFANTIL

As rapazas e rapaces da aula de 5 anos fixeron unha investigación perceptiva e degustativa sobre dúas froitas de outono: a mazá e a pera.

1º. Distinguiron entre as dúas pola súa forma empregando o sentido do tacto.

2º. Distinguiron polo seu olor e polo seu sabor.

3º. Elaboraron unha táboa coas súas preferencias entre as dúas.

Vede o vídeo para coñecer cal foi a froita gañadora. 

Atrevédesvos a apostar por algunha delas? MAZÁ OU PERA?


venres, 25 de novembro de 2016

CHARLA "AGRICULTURA ECOLÓXICA"

As alumnas e alumnos de 4º de Primaria, participaron nunha "Campaña de fomento da acuicultura ecolóxica" que se desenvolve en diversos centros educativos de Galicia. 

A través desta campaña, aprenden: -a identificar os alimentos ecolóxicos, 
 -a diferenciar os alimentos ecolóxicos dos que non o son, 
 -porque son máis saudables que os convencionais, 
-a coñecer a etiquetaxe coa que se comercializan estes alimentos...

Aprenden a través de xogos un pouco máis sobre estes alimentos ecolóxicos vinculados ao mar e ademais grazas a estas charlas foméntase o respecto polo mar. Fálanlles das bateas, das ameixas e das algas mariñas.  

E o mellor de todo foi, que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de probar estes alimentos.

Se queredes saber máis sobre a AGRICULTURA ECOLÓXICA podedes pinchar no fío que segue:


martes, 1 de novembro de 2016

FRANKIES MONSTRUOSOS EN SAMAÍN. ALUMN@S 6º B

Os rapaces e rapazas de 6º B fixeron uns monstruosos Franquestein con kiwis.
Aquí vos deixamos imaxes do proceso e da degustación.
Que medo, medo me da, que medo!!!


mércores, 22 de xuño de 2016

FROITIMONTAXES CON FROITAS. ALUMN@S 5º A E.P.

   Na aula de 5º A, os rapaces e rapazas xunto co seu titor, o mestre David, fixeron unhas creativas e divertidas foto-montaxes empregando froitas .

   Os pasos que seguiron para facelos foron:

  • Búsqueda de ideas e lugares para tomar as fotos: capacidade creativa.
  • Captura das imaxes na posición seleccionada para facer a montaxe.
  • Búsqueda a través das TICS de fondos axeitados as súas ideas e imaxes de froitas.
  • Recorte das siluetas dos nenos e das froitas para logo montalas nos fondos descargados.
  • Pór título a montaxe.
  • Expór no taboleiro do programa Aliménta-t ben.
   Todos e todas o fixeron moi ben! Pero había que decidir tres gañadores e foron os seguintes: GEMA, ANA E ANXO. 

   De agasallo, levaron unhas caixas de froita variada (grosellas, lima, laranxa, granada...) feitas e decoradas pola mestra Sara.
GRAZAS POR PARTICIPAR A TODOS!!



venres, 17 de xuño de 2016

A NOSA HORTA

Non vos falamos aínda deste espazo no noso cole, A NOSA PEQUENA HORTA!
Deixámosvos ao noso narrador, Jorge Paz, contando o que hai nel, o que fixemos e unhas fotiños para que a vexades!!




venres, 10 de xuño de 2016

OBRA DE TEATRO "MISIÓN VIDA SAUDABLE" TEMÁTICA FROITAS E HÁBITOS SAUDABLES. ALUMNADO 5º B

Hoxe no FESTIVAL DE FIN DE CURSO (CEIP A GÁNDARA), por fin, despois de moito ensaiar, presentamos a obra de teatro dos rapaces e rapazas de 5º B escrita e dirixida por a alumna da mesma aula, SARA.
Un gran éxito!! Fixéstelo moi ben!!!
SODES UNS ARTISTAS!!

Á espera do vídeo da actuación, deixámosvos algunhas fotiños para ir abrindo boca!





FROITA FRESCA. SEMANA 6 XUÑO-10 XUÑO

luns, 6 de xuño de 2016

BROCHETAS DE FROITA. NENOS E NENAS DE 6º INFANTIL.

Na clase de 6º de Infantil, fixemos unhas brochetas de froita deliciosas seguindo series de pictogramas!
Comprobade se nos gustaron ou non!!

luns, 30 de maio de 2016

ACTIVIDADE CREA-FROITAS DIVERTIDAS!! Alumnado de 2º E.P.

Na aula de 2º de Educación Primaria, estiveron traballando as descripcións.
Buscaron unha actividade divertida para aplicar os seus coñecementos e como resultado da súa imaxinación e creatividade, naceron inxeniosas e tolas novas froitas.
Fixeron un debuxo, déronlles un nome e describiron a súa nova froita!!

domingo, 29 de maio de 2016

FROITA FRESCA. SEMANA DO 23 AO 27 DE MAIO

Seguimos a disfrutar de saborosa froita durante os tempos de lecer. 
Mirade canta variedade de froita e como nos gusta!!!


domingo, 22 de maio de 2016

FROITA FRESCA NA GÁNDARA. SEMANA 9 AO 13 DE MAIO

A semana do 9 ao 13 de maio comezou o reparto de froita fresca durante o tempo de lecer.
 Dicirvos que os rapaces e rapazas do noso cole comen nela que dá gusto!!! 
Aquí tedes unha pequena proba visual.

COMEDE FROITA TODOS OS DÍAS!!

sábado, 14 de maio de 2016

MARMELADA DE FROITOS VERMELLOS (AMORODOS E FRAMBOESAS) PARA O DÍA DA FAMILIA. ALUMNADO 1º E. PRIMARIA.

       Os rapaces e rapazas da aula de 1º xunto coa súa titora Mercedes, Yoli e máis Berta, decidiron facer marmelada de amorodos e framboesas, para agasallar ás súas familias o   15 de maio "Día da FAMILIA"


Eles pasáronno xenial facéndoa...
Agardamos que vos desfrutedes coméndoa.
FELIZ DÍA FAMILIAS!



cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

MARMELADA DE AMORODOS PARA CELEBRAR O DÍA DA FAMILIA. ALUMNADO DE 2º E. PRIMARIA

   A profe Silvia tivo a fantástica idea de realizar marmelada de amorodos para agasallar no día da familia. Comentouno cos  rapaces e rapazas da súa aula e encantoulles a idea.

   Primeiro, investigaron o modo de facela e unha vez recollida toda a información, coa inestimable axuda de Silvia e Berta, a cociñeira, puxéronse mans á obra para ter todo listo para o día.


Desfrutaron moito facéndoa!
Agora tócavos a vos, Familias. Desfrutade do seu sabor.
FELIZ DÍA DA FAMILIA
15 de maio de 2016


cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 8 de maio de 2016

FROITA SAN NA MERENDA

AMORODOS



                                            PLÁTANO

KIWI

MAZÁ

mércores, 27 de abril de 2016

BATIDO DE PLÁTANO E AMORODO. ALUMNADO 4º INFANTIL (3 ANOS)

Os nenos e nenas da aula de 3 anos, quixeron disfrutar dun delicioso batido de plátano e amorodo.
As súas axudantes foron as mestras Carmen, Sara e Patri!
Fixeron tamén unhas bonitas palliñas decoradas con plátanos e fresas feitas con goma eva.

Unha maneira moi saudable e sinxela de consumir froita! 
É a vosa quenda....A que esperades? 
A facelo xa!!


cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

luns, 11 de abril de 2016

TRABALLANDO COAS FROITAS E VERDURAS NO RINCÓN DA FALA

Na aula de Audición e Linguaxe coa profe Emma, facemos un montón de cousas empregando as froitas e facilitando a súa identificación. 
Aquí vos deixamos algunhas das actividades!!!
  • TRABALLAMOS O SOPLO CON FROITAS:




  • TRABALLAMOS PRAXIAS COAS FROITAS:




  • TRABALLAMOS A ATENCIÓN E A MEMORIA:





  • TRABALLAMOS RAZONAMENTO LÓXICO, PERCEPCIÓN VISUAL E ATENCIÓN CON SUDOKUS DE FROITAS:



domingo, 3 de abril de 2016

OBRADOIRO DE CIENCIA CON PRODUTOS DO MAR. 3ºA E 3º B

Os nenos e nenas de 3º curso, investigaron sobre peixes, crustáceos e cefalópodos.
Deixámosvos as fotos para que vexades canto aprendemos e que ben o pasamos.




cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 27 de marzo de 2016

GUSTANOS A FROITA! E A TI?? Alumn@s 6º E.Infantil

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil disfrutan comendo froita durante a hora da parva.

Irémosvos deixando máis fotos das súas combinacións de froita e das súas degustacións.

Anímanvos a comer san para crecer fortes e felices!

cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

mércores, 16 de marzo de 2016

ENTREVISTA PARA COÑECER AS RECEITAS DE BERTA "A COCIÑEIRA". ALUMN@S 3º B

Desta volta, o traballo de investigación foi levado a cabo polos alumnos e alumnas de 3º B. Entrevistaron a Berta, a cociñeira do cole, e recolleron por escrito os ingredientes e a forma de elaboración das súas "receitas estrela".

Velaquí as tendes por se queredes realizalas nas vosas casas e desfrutar delas.
Bo traballo rapaces e rapazas.
Noraboa!!
cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

luns, 8 de febreiro de 2016

ANTEFACES DE ENTROIDO. ALUMN@S 5º E.P.

Os alumn@s de 5º de Primaria animáronse a facer uns ricos Antefaces de Entroido, para endulzar a festa. 
Deixámosvos os ingredientes para facelo nas vosas casas e un "making off" para que vexades o sinxelo que é!!

INGREDIENTES:
  • 325 gramos de fariña peneirada
  • 100 gramos de azucre glas peneirado
  • 125 gramos de manteiga 
  • 1 ovo pequeno
  • aromas ao gusto
  • 1 culleriña de leite
Unha vez feitas, metemos ao forno 5-6 minutos a 180º.



cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 2 de febreiro de 2016

MARCADORES: Plan de consumo de Froita nas Escolas

Recibimos uns marcadores para as nosas lecturas "moi saudables" cos cales podemos recordar cales son as froitas de tempada. 
LECTURA + SAÚDE= DIVERSIÓN ASEGURADA
Daremos boa conta deles!! 
Moitas grazas!!