mércores, 22 de xuño de 2016

FROITIMONTAXES CON FROITAS. ALUMN@S 5º A E.P.

   Na aula de 5º A, os rapaces e rapazas xunto co seu titor, o mestre David, fixeron unhas creativas e divertidas foto-montaxes empregando froitas .

   Os pasos que seguiron para facelos foron:

  • Búsqueda de ideas e lugares para tomar as fotos: capacidade creativa.
  • Captura das imaxes na posición seleccionada para facer a montaxe.
  • Búsqueda a través das TICS de fondos axeitados as súas ideas e imaxes de froitas.
  • Recorte das siluetas dos nenos e das froitas para logo montalas nos fondos descargados.
  • Pór título a montaxe.
  • Expór no taboleiro do programa Aliménta-t ben.
   Todos e todas o fixeron moi ben! Pero había que decidir tres gañadores e foron os seguintes: GEMA, ANA E ANXO. 

   De agasallo, levaron unhas caixas de froita variada (grosellas, lima, laranxa, granada...) feitas e decoradas pola mestra Sara.
GRAZAS POR PARTICIPAR A TODOS!!



venres, 17 de xuño de 2016

A NOSA HORTA

Non vos falamos aínda deste espazo no noso cole, A NOSA PEQUENA HORTA!
Deixámosvos ao noso narrador, Jorge Paz, contando o que hai nel, o que fixemos e unhas fotiños para que a vexades!!




venres, 10 de xuño de 2016

OBRA DE TEATRO "MISIÓN VIDA SAUDABLE" TEMÁTICA FROITAS E HÁBITOS SAUDABLES. ALUMNADO 5º B

Hoxe no FESTIVAL DE FIN DE CURSO (CEIP A GÁNDARA), por fin, despois de moito ensaiar, presentamos a obra de teatro dos rapaces e rapazas de 5º B escrita e dirixida por a alumna da mesma aula, SARA.
Un gran éxito!! Fixéstelo moi ben!!!
SODES UNS ARTISTAS!!

Á espera do vídeo da actuación, deixámosvos algunhas fotiños para ir abrindo boca!





FROITA FRESCA. SEMANA 6 XUÑO-10 XUÑO

luns, 6 de xuño de 2016

BROCHETAS DE FROITA. NENOS E NENAS DE 6º INFANTIL.

Na clase de 6º de Infantil, fixemos unhas brochetas de froita deliciosas seguindo series de pictogramas!
Comprobade se nos gustaron ou non!!