domingo, 27 de novembro de 2016

FROITAS DE OUTONO: MAZÁ VS PERA. ALUMN@S 6º E.INFANTIL

As rapazas e rapaces da aula de 5 anos fixeron unha investigación perceptiva e degustativa sobre dúas froitas de outono: a mazá e a pera.

1º. Distinguiron entre as dúas pola súa forma empregando o sentido do tacto.

2º. Distinguiron polo seu olor e polo seu sabor.

3º. Elaboraron unha táboa coas súas preferencias entre as dúas.

Vede o vídeo para coñecer cal foi a froita gañadora. 

Atrevédesvos a apostar por algunha delas? MAZÁ OU PERA?


venres, 25 de novembro de 2016

CHARLA "AGRICULTURA ECOLÓXICA"

As alumnas e alumnos de 4º de Primaria, participaron nunha "Campaña de fomento da acuicultura ecolóxica" que se desenvolve en diversos centros educativos de Galicia. 

A través desta campaña, aprenden: -a identificar os alimentos ecolóxicos, 
 -a diferenciar os alimentos ecolóxicos dos que non o son, 
 -porque son máis saudables que os convencionais, 
-a coñecer a etiquetaxe coa que se comercializan estes alimentos...

Aprenden a través de xogos un pouco máis sobre estes alimentos ecolóxicos vinculados ao mar e ademais grazas a estas charlas foméntase o respecto polo mar. Fálanlles das bateas, das ameixas e das algas mariñas.  

E o mellor de todo foi, que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de probar estes alimentos.

Se queredes saber máis sobre a AGRICULTURA ECOLÓXICA podedes pinchar no fío que segue:


martes, 1 de novembro de 2016

FRANKIES MONSTRUOSOS EN SAMAÍN. ALUMN@S 6º B

Os rapaces e rapazas de 6º B fixeron uns monstruosos Franquestein con kiwis.
Aquí vos deixamos imaxes do proceso e da degustación.
Que medo, medo me da, que medo!!!