venres, 30 de xuño de 2017

FROITAS EN CLAVE DE LINGUAXE DE SIGNOS E PICTOGRAMAS

Na aula de Audición e Linguaxe coa mestra Naza, un grupo de nenos e nenas dos cursos de 2º e 4º de Educación Primaria fixeron un traballo no que nos presentan as peculiaridades (características e beneficios que aportan) de diferentes froitas: kiwi, mazá, mandarinas, fresas... en linguaxe de signos e linguaxe pictográfico.

Nenos e nenas aprenden a comunicarse empregando outras linguaxes e o valor fundamental da comunicación. 

Trátase dun traballo moi enriquecidor e inclusivo.


GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E TRABALLO
NO NOSO COLE ENCAIXAMOS TODOS!!


venres, 23 de xuño de 2017

CUESTIONARIO DE HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES por Valentina (2º E.P.)

A nosa alumna Valentina de 2º de Educación Primaria coa colaboración da mestra de Pedagoxía Terapéutica Bego, realizaron durante este último trimestre diferentes actividades de enriquecimento e ampliación, relacionándoas co Proxecto de Innovación Aliménta-t ben.

Valentina tivo que elaborar un cuestionario sinxelo para valorar os hábitos de almorzo dos nenos e nenas de 1º de E.Primaria. Neste punto traballou aspectos como: selección de información relevante para o tema, oracións interrogativas, estructura dun cuestionario, traballo e edición do mesmo nun procesador de textos (word)...

Este cuestionario posteriormente non foi editado na linguaxe escrita común, senón que neste punto, Valentina iniciouse na linguaxe de comunicación con pictogramas, elaborando o cuestionario a través da aplicación do pictotraductor.

O terceiro paso desta actividade, tiña como obxectivo pasar o cuestionario os alumnos e alumnas de 1º de primaria, co cal Valentina, desempeñaba o rol de entrevistadora, explicando os nenos e nenas en que consistía o cuestionario e o que tiñan que facer, solventando dúbidas durante o desenvolvemento do mesmo. Neste punto traballáronse habilidades sociais.

Por último, Valentina interpretou os datos e representounos en diagramas de barras.

Velaquí vos deixamos o seu traballo e os seus resultados!!

Moitas grazas Valentina polo teu esforzo!!


mércores, 31 de maio de 2017

ESPETO DE FROITAS VARIADAS. ALUMN@S 6º E.INFANTIL

Os cociñeiros e cociñeiras de 6º de Educación Infantil coa inestimable colaboración da súa titora Elena e Paz, fixeron uns deliciosos espetos de froitas variadas: fresa, plátano, mazá, kiwi.

Cortaron as froitas, fixeron os espetos seguindo unha serie cada un deles, disfrutaron comendo e para rematar a sesión debuxaron a súa serie e escribiron o nome da froita que máis lles gustou.

Unha actividade moi completa e entretida na que aprenderon a comer froita dun xeito divertido!!

Deixámosvos as fotos da sesión!! 

venres, 19 de maio de 2017

OPERACIÓN RECETA 5ºB: PESCADA AO FORNO

Os rapaces e rapazas de 5º B volven ao ataque!

A nova misión proposta pola súa mestra Gloria, foi facer a compra analizando diferentes folletos de publicidade de supermercados para poder realizar unha receta: "PESCADA AO FORNO".

Con esta actividade, aprenden a valorar os beneficios da compra de produtos frescos e a granel en troques dos produtos envasados. Para realizar a compra, terán que poñer en práctica as súas habilidades matemáticas: manexo das capacidades de peso (kg, medio kilo), operacións de dividir, facer aproximacións...

Aprenden matemáticas aplicándoas a actividades da vida cotiá coma realizar unha compra para a elaboración dunha receta.








martes, 9 de maio de 2017

BATIDO DE PLÁTANO E FRESA. AULA MUNDI 1º E.P.

Para celebrar o final do segundo trimestre, ademáis de facer unha tarta deliciosa, os nenos e nenas da Aula Mundi xunto coa súa titora Celsa e as mestras Naza e Bego, fixeron uns riquísimos e saudables batidos de froita (plátano e fresa)

Desfrutaron un montón facéndoo e por suposto, bebéndoo!
Deixámosvos o "making off" e animámosvos a facelo, é moi sinxelo!


martes, 14 de marzo de 2017

NOVA MISIÓN SAUDABLE NA AULA DE 5º B

Con motivo do 15 de marzo "DIA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR", a mestra Gloria propuxo ó seu grupo unha tarefa de reflexión.

Na aula de 5º B, en pequenos grupos e axudándose dos folletos de propaganda de diversos supermercados terán unha nova misión asignada: 
ELABORAR UN ALMORZO E MERENDA SAUDABLES CONTANDO CON UNICAMENTE CINCO EUROS DE PRESUPOSTO.

A mestra Gloria sinaloulles uns aspectos a ter en conta:
-Temos que saber canto temos que comprar, medio ou cuarto de kg.
-De canto diñeiro dispomos e canto nos sobrará.

Finalmente, exporán os seus traballos e farán comparativas observando quen gastou máis e quen menos, e cal foi o grupo que optou por produtos máis saudables e sans.

Aprenderán a ser reflexivos e ter un pensamento crítico acerca do grao de consumismo esaxerado que existe na actualidade, a elexir produtos ó máis saudables posible para crecer sans, a ver que comer ben e saudable non ten porque ser caro, a manexar o diñeiro e a aforrar...entre outros moitos aspectos derivados do propio traballo colaborativo en sí.

MANS Á FAENA RAPACES E RAPAZAS!!









COCIÑANDO ESPETO DE FROITAS NA AULA DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 4º de Infantil que tamén se disfrazaron de chefs no Entroido do cole e fixeron uns apetitosos espetos de froita seguindo a serie fresa-plátano-fresa-plátano....
Velaí os tendes moi atarefados e axudados polas mestras María José e Paz.
ANIMÁDEVOS! 
Delicioso, saudable e nun "pis-pas"!!!!


venres, 10 de marzo de 2017

ILLAS DE FROITA. ALUMN@DO 5º ED. INFANTIL

Neste Entroido, os nenos e nenas de Infantil disfrazáronse de CHEFS e para facer honra a súa profesión realizaron uns deliciosos pratos artísticos con froitas.
Tiveron a fabulosa colaboración das mestras Carmen, Paz e Patri.

Deixámosvos co video da súa preparación e posterior degustación!!


mércores, 1 de marzo de 2017

SEMANA FROITA FRESCA NA GÁNDARA

Rematamos a última semana do mes de febreiro recargándonos de enerxía con froitas durante o tempo de lecer, para festexar o Entroido!!

VIVA O ENTROIDO
VIVA A SAÚDE
VIVA A VIDA!!



sábado, 18 de febreiro de 2017

NAMORADOS SAUDABLES! ALUMN@S 2º PRIMARIA

No día dos Namorados 💑, en segundo curso fixeron unha receita moi creativa con froitas: ananás e sandía.🍍🍉
Soamente necesitaron moldes de corazón, paciencia e moito AMOR.💓💓

Deixámosvos unha mostra visual!!
😋😋😋

martes, 14 de febreiro de 2017

ESPETO DE ANANÁS E SANDÍA. RAPACES E RAPAZAS DE 5º B

Os rapaces e rapazas de 5º B e a súa mestra Gloria recórdannos que "O AMOR TAMÉN É SAÚDE" realizando uns deliciosos ESPETOS DE ANANÁS E SANDÍA!

SORPRENDE A TÓDALAS PERSOAS QUE QUERES FACENDO ESTA SAUDABLE E SINXELA RECEITA CON FROITAS!










venres, 10 de febreiro de 2017

DIABETE: ANÁLISE DOS AZÚCARES DOS ALIMENTOS. ALUMNADO 5º B

Dentro do PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "A saúde" do noso centro, o alumnado de 5ºB xunto coa súa mestra Gloria, decidiron investigar sobre "A prevención de enfermidades".

Desta volta, comezaron pola DIABETE.

Están a analizar os azúcares que conteñen os alimentos que consumimos, ollando a composición nos envases dos mesmos.

É moi importante SABER MÁIS SOBRE O QUE COMEMOS E A SÚA REPERCUSIÓN NA NOSA SAÚDE!!



AQUÍ TEMOS DIFERENTES ALIMENTOS OU ENVASES PARA ANALIZAR



EN PROCESO DE ANÁLISE DAS ETIQUETAS

venres, 20 de xaneiro de 2017

ZUME DE LARANXA 6º INFANTIL. XANEIRO 2017

Os nenos e nenas de 6º de Infantil pasárono xenial facendo zume de laranxa coa mestra Elena e o mestre Rubén.
Velaí os tendes MANS ÁS LARANXAS!!!




domingo, 15 de xaneiro de 2017