mércores, 31 de maio de 2017

ESPETO DE FROITAS VARIADAS. ALUMN@S 6º E.INFANTIL

Os cociñeiros e cociñeiras de 6º de Educación Infantil coa inestimable colaboración da súa titora Elena e Paz, fixeron uns deliciosos espetos de froitas variadas: fresa, plátano, mazá, kiwi.

Cortaron as froitas, fixeron os espetos seguindo unha serie cada un deles, disfrutaron comendo e para rematar a sesión debuxaron a súa serie e escribiron o nome da froita que máis lles gustou.

Unha actividade moi completa e entretida na que aprenderon a comer froita dun xeito divertido!!

Deixámosvos as fotos da sesión!! 

venres, 19 de maio de 2017

OPERACIÓN RECETA 5ºB: PESCADA AO FORNO

Os rapaces e rapazas de 5º B volven ao ataque!

A nova misión proposta pola súa mestra Gloria, foi facer a compra analizando diferentes folletos de publicidade de supermercados para poder realizar unha receta: "PESCADA AO FORNO".

Con esta actividade, aprenden a valorar os beneficios da compra de produtos frescos e a granel en troques dos produtos envasados. Para realizar a compra, terán que poñer en práctica as súas habilidades matemáticas: manexo das capacidades de peso (kg, medio kilo), operacións de dividir, facer aproximacións...

Aprenden matemáticas aplicándoas a actividades da vida cotiá coma realizar unha compra para a elaboración dunha receta.








martes, 9 de maio de 2017

BATIDO DE PLÁTANO E FRESA. AULA MUNDI 1º E.P.

Para celebrar o final do segundo trimestre, ademáis de facer unha tarta deliciosa, os nenos e nenas da Aula Mundi xunto coa súa titora Celsa e as mestras Naza e Bego, fixeron uns riquísimos e saudables batidos de froita (plátano e fresa)

Desfrutaron un montón facéndoo e por suposto, bebéndoo!
Deixámosvos o "making off" e animámosvos a facelo, é moi sinxelo!