Na aula de Audición e Linguaxe coa mestra Naza, un grupo de nenos e nenas dos cursos de 2º e 4º de Educación Primaria fixeron un traballo no que nos presentan as peculiaridades (características e beneficios que aportan) de diferentes froitas: kiwi, mazá, mandarinas, fresas... en linguaxe de signos e linguaxe pictográfico.
Nenos e nenas aprenden a comunicarse empregando outras linguaxes e o valor fundamental da comunicación. Trátase dun traballo moi enriquecidor e inclusivo.
A nosa alumna Valentina de 2º de Educación Primaria coa colaboración da mestra de Pedagoxía Terapéutica Bego, realizaron durante este último trimestre diferentes actividades de enriquecimento e ampliación, relacionándoas co Proxecto de Innovación Aliménta-t ben.
Valentina tivo que elaborar un cuestionario sinxelo para valorar os hábitos de almorzo dos nenos e nenas de 1º de E.Primaria. Neste punto traballou aspectos como: selección de información relevante para o tema, oracións interrogativas, estructura dun cuestionario, traballo e edición do mesmo nun procesador de textos (word)...
Este cuestionario posteriormente non foi editado na linguaxe escrita común, senón que neste punto, Valentina iniciouse na linguaxe de comunicación con pictogramas,elaborando o cuestionario a través da aplicación do pictotraductor.
O terceiro paso desta actividade, tiña como obxectivo pasar o cuestionario os alumnos e alumnas de 1º de primaria, co cal Valentina, desempeñaba o rol de entrevistadora, explicando os nenos e nenas en que consistía o cuestionario e o que tiñan que facer, solventando dúbidas durante o desenvolvemento do mesmo. Neste punto traballáronse habilidades sociais.
Por último, Valentina interpretou os datos e representounos en diagramas de barras.
Velaquí vos deixamos o seu traballo e os seus resultados!!