Os gandareiros e gandareiras de 1º de E.Primaria e a súa mestra Merce, fixeron uns apetecibles e divertidos espetos de Nadal: Santa Claus de plátano, fresa e queixo fresco e tamén Grinch de fresa e uva.
No noso cole, e mediante este proxecto do Aliménta-t Ben, queremos demostrar que comer san e saudable non é aburrido, senón todo o contrario.
Os ingredientes: plátanos, fresas, uvas, queixo fresco e doses elevadas de entusiasmo. Elaboración: lavar ben as froitas, cortar e espetar seguindo a serie axeitada para crear as personaxes mencionadas.
E con isto e un biscoito.... deixámosvos as nosas fotos para inspirarvos!!!
No mes de decembro, na aula de 2º de E.Primaria, seguiron a celebrar aniversarios dos pequenos, neste caso, o de Manuel e Jeray (o que non atoparedes nas fotos porque non puido vir ese día).
Tendo en conta as datas nas que nos atopamos, a súa mestra Cristina, propuxo realizar unhas árbores de nadal con froitas. Idea moi axeitada e saudable!🎄🎄🎄🎅🎅
Os INGREDIENTES precisos para a súa realización son:
KIWI
GRANADA
REGALICIA
LAMBETADAS
A ELABORACIÓNé moi sinxela, so precisas un pouquiño de tempo e deixar voar a túa imaxinación.
Pelar os kiwis e cortar anacos en forma de media lúa (serán as follas da nosa árbore)
Baleirar as granadas (serán os adornos da nosa árbore xunto coas outras lambetadas)
Colocar as regalicias a modo de tronco.
E xa está!!! FACÉDEO NA CASA COAS FAMILIAS E PASADE UN BO RATO!
Un aniversario saudable, entretido e xogando coa creatividade de cadaquén.
GRACIAS POR COMPARTIRLO CON NÓS AOS RAPACES E RAPAZAS DE 2º E A SÚA MESTRA.
Para celebrar os aniversarios dos compañeiros de 2º de Educación Primaria Anabella e Dinis, a súa mestra Cristina e tendo en conta que coincidía coas datas do Samaín, propúxolles realizar unha receita medorenta: Mazás Diabólicas!!🍎🍎😈
Os ingredientesnecesarios son:
-Mazás
-Foundant
-Chocolate
A que se vos fai a boca auga e desexades saber como se fan? 😋😋😋😋
Pois aquí vos deixamos os pasos para a súa elaboración:
1º. Amasamos o foundant.
2º. Revestimos as mazás.
3º. Decoramos con chocolate fundido.
E........COMEMOS!!
A continuación, deixámosvos un vídeo para que poidades ver como o fixemos, o sinxelo que foi e o ben que o pasamos.
Parabéns Anabella e Dinis!🎊🎈🎈🎈🎈🎉
Esperamos que pasarades un rato divertido e feliz!
Na aula de 6º A, rapazas e rapaces tiveron que preparar un menú saudable para un día tendo en conta que se recomenda realizar cinco comidas ao día.
Nas clases de Ciencias Naturais estamos a tratar o tema da alimentación e a importancia de ter unha dieta equilibrada na que incorporemos todos os nutrientes necesarios para conseguir enerxía e manternos sans: froitas e verduras, evitar consumo de graxas saturadas, peixes e carnes...
Tendo en conta todos estes aspectos, de xeito individual elaboraron o seu menú e agora témolo exposto na nosa aula.
Non houbo mellor maneira de dar comezo ás entradas deste curso no noso blogue do proxecta Aliménta-t Ben que a Andaina que nos marcamos os alumnos, alumnas e mestres de 6º de Primaria no Día Mundial da Alimentación (16 de outubro)
O martes pola mañá os rapaces e rapazas de 6º e máis os seus mestres Ismael, Ángeles, Naza e Cris, puxemos rumbo á III Andaina do Camiño de Inverno, organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra.
O percorrido tivo unha lonxitude de 5, 5 km aproximadamente, nas que existiu certa dificultade polas pendentes de subida e baixada e polos tramos de terreos de barro que nos fomos atopando, que os nosos rapaces e rapazas foron sorteando con éxito.
Partimos da igrexa de San Paio de Diomondi, na zona de O Saviñao e rematamos en San Pedro de Líncora (Chantada). Paramos a facer un descanso na Adega "Vía Romana", onde tomamos un tentempé: auga, mazá e chocolatina.
O tramo realizado correspóndese coa etapa de Monforte de Lemos a Chantada.
Ademáis das fotos que presentamos a continuación, quedarán no noso recordo e deixarán pegadas, as fermosas paisaxes vistas, o valor do esforzo, a importancia do deporte e a boa alimentación que inflúe no noso rendemento, as risas cos amigos, a axuda nas dificultades, ó compartir experiencias con coñecidos e descoñecidos, a confianza nas nosas posibilidades " se queres, podes", os olores, sons e cores da natureza...
O pasado martes os rapaces e rapazas de 6º xunto coa súa mestra Gloria elaboraron unhas deliciosas limoadas que logo con moito gusto compartiron con todos os nenos e nenas do colexio.
O día anterior, encargáronse de anunciar por tódalas aulas que habería limoada no recreo do martes para calquera que se quixera achegar o seu "stand" e que trouxera un vaso para que lles servisen.
Para facer esta fantástica, abundante e fresca limoada fixeron o seguinte: -Exprimiron 2 kilos de limóns, -Botaron seis culleres de azucre e 5 litros de auga. -Meteron no frigorífico durante aproximadamente media hora. -Serviron frío.
Unha receita xenial para tomar nas tardes de verán.
Ademais, a mestra púxolles na aula un video no que se expoñía a forma correcta para facer e permanecer na espera nunha fila. E que ten que ver isto coa limoada? Pois aparentemente nada, pero veu a colación de que para servir a limoada había un cartel que anunciaba a fila única e ordeada. Todo moi preparado e organizado. Ollade no video!!!
Moitas grazas os maiores do noso cole e a súa mestra Gloria!!
Hoxe, os rapaces e rapazas da de 1º e 2º, 3º e 4º tiveron na Biblioteca do noso centro unha charla-obradoiro relacionada co consumo de lácteos.
Indagaron nos seus hábitos de alimentación, os seus coñecementos sobre o leite, os produtos lácteos e o seu proceso de producción.
Despois desta investigación de coñecementos previos, presentáronlles á vaca Lucy (protagonista da campaña) e proxectáronlles un breve video.
A continuación, unha vez familiarizados coa campaña e as personaxes, fixeron un pequeno debate sobre o consumo de lácteos, unha dinámica na que os nenos e nenas participaron aportando opinións e que serviu para asentar algúns coñecementos sobre o tema:
-Incluir 3 racións de lácteos ao día.
-Procedencia e modo de elaboración dos produtos lácteos.
-Variedade de produtos lácteos.
Na parte práctica-obradoiro, repartíronse fichas didácticas relacionadas cos lácteos.
MOITO OLLO!!!!Recordade a actividade que vos propuxeron e que pode ter premio:
"Elaborar unha receita que inclúa leite ou algún derivado e facer un selfie familiar que se deberá colgar na páxina web lucydisfrutaconloslacteos.com" Para máis INFORMACIÓN preme no seguinte fío: http://lucydisfrutaconloslacteos.es/padres/concurso/
Deixámosvos o video do programa no que nos presentan a vaca Lucy:
Hoxe os rapaces e rapazas de 5º A e B, fixeron un gran traballo en equipo, acompañados das súas mestras e dirixidos pola cociñeira. Xuntáronse para elaborar outra das nosas receitas saudables: MUFFINS DE CENORIA E PLÁTANO. Unha estupenda , saudable e sinxela receitar para facer por exemplo unha merenda lixeira. Os ingredientes son os seguintes:
Cenorias.
Plátanos maduros
Ovos
Esencia de vainilla
Fariña de avea
Fariña integral
Levadura
Sal
Canela
Os pasos para facelo son:
Preparar o forno a 180º
Raiar as cenorias.
Triturar os plátanos coa axuda dun garfo.
Mesturar o puré de plátano e as cenorias raiadas cos ovos e a esencia de vainilla.
Mesturar as fariñas coa levadura en pó.
Engadir pouco a pouco a mestura das fariñas a mestura do plátano e a cenoria mentres se remove para que os ingredientes se xunten.
Untar os moldes das madalenas cun pouco de aceite de oliva.
Verter a mestura nos moldes.
Levar ao forno durante 15 minutos aproximadamente.
A pasada semana, os rapaces e rapazas de 6º A xunto coa súa titora Silvia, Sara e a cociñeira Berta, elaboraron unhas galletas de plátano, coco e pasas.
Pero antes de facelo, a mestra plantexoulles os seus alumnos e alumnas un conflito. Tiñan a receita para facer galletas para 12 ou 15 persoas coas cantidades correspondentes, obviamente. Entón que fariamos no noso caso para conseguir galletas para 30 persoas (ou o que é o mesmo, para tocar a dúas galletas cada un)....MULTIPLICALOS INGREDIENTES PROFE!!!
Vale, e se as tiveramos que facer para un grupo de xente máis grande...poñamos que para 250 persoas? Tiveron que facer cálculos, empregando as súas dotes matemáticas!
Pero ademais tiveron que redactar a receita co texto correspondente a mesma: texto INSTRUCTIVO.
Novamente, na aula de 2º de Primaria, tomando como punto de partida os contidos da área de Ciencias Naturais, os nenos e nenas participaron nunha sesión de aprendizaxe do máis divertida.
A mellor forma de aprender, empregando tódolos nosos sentidos. Neste caso, os sentidos máis necesarios eran o gusto e o olfacto.
O mestre dispuxo en cada grupo de alumnos e alumnas, catro vasiños con diferentes líquidos que se correspondían cos catro sabores: doce, amargo, acedo e salgado.
Primeiro, xogaron a probar cos ollos abertos e adiviñar de que sabor se trataba. Logo, os capitanes e capitanas de cada grupo, tapaban ou mandaban pechar os ollos os compañeiros e animábanos a probar.
Despois, o mestre escolleu a un de cada grupo, e con ollos vendados cun antiface, debían acertar o sabor que lle proporcionaba.
Foi un pracer, observar como confiaban e se arriscaban a probar. Un auténtico reto superado para algúns!!
Para rematar a sesión, tivemos unha sorpresa doce: chocolate!!!!
Pero a cousa non quedou aí. Puxemos en marcha, outra competencia, a artística. A última actividade, consistía en nada máis e nada menos que pintar nun folio blanco con chocolate.
Gozaron moito da actividade e sobre todo do doce!
No vídeo deixámosvos fotos de todo o proceso e as súas obras de arte chocolateiras!!😋😋😋😋😋
Na aula de 2º Primaria, nenos e nenas traballaron o tema do CORPO a través da creación dun Lapbook, para recoller a información máis importante dun xeito moi atractivo e visual.
O mestre Óscar, planificou as sesións de traballo na aula e na biblioteca. Organizou pequenos grupos de traballo cooperativo, dando responsabilidades os seus membros, facilitando instruccións claras e precisas, favorecendo a aprendizaxe activa e a participación, achegando información dun xeito máis entretido e significativo.
A alimentación xoga un papel fundamental no coidado do noso corpo e de iso aprenderon e deron boa conta os nenos e nenas desta aula.
Nas aulas de 5º, estamos a aproveitar e reciclar os catálogos de alimentación dos supermercados para traballar aspectos e contidos lóxico-matemáticos.
Neste caso, por exemplo, aprendemos sobre osnúmeros decimais, observando e xogando cos precios dos productos: comparando números decimais (maior, menor, igual), sinalando parte enteira e parte decimal, facendo problemas de compra de diferentes produtos -operacións: suma, resta, multiplicación-, conceptos barato-caro...).
Outra actividade proposta pola profe Iria, consistía en escoller productos para elaborar un menú saudable (almorzo, comida e cea) pero de xeito que ademais de saudable resultase económico. A proposta incluía traballar coas TICS. Así que os rapaces e rapazas puxéronse mans o asunto. -Entrar na web do supermercado. -Seleccionar os produtos axeitados para cada comida (tendo en conta a súa saudabilidade e o seu precio) -Elaborar lista da compra. -Calcular os euros que gastarían.
A profe María sorprendeu os rapaces e rapazas da súa titoría de 3º de Primaria a semana pasada.
Nas clases de Matemáticas andan a traballar a multiplicación. Despois de varias ideas, presentoulles unha receita de Empanada de Mazá, arredor da cal, xiraría toda a sorpresa do día.
Fixeron un gran traballo na aula (lendo comprensivamente, pensando e calculando as cantidades necesarias para elaborar as empanadas e solucionando o problema reflexivamente, poñendo en práctica o traballado, sendo autónomos, aprendendo e disfrutando traballando e colaborando cos seus compañeiros....)
Unha actividade moi completa da que damos conta con imaxes. As familias tamén participaron da actividade degustando as empanadas realizadas con tanto agarimo polos seus fillos e fillas.
Moitas grazas profe María e moitas grazas coma sempre as nosas cociñeiras: Berta, Teresa e Ana.
Outra vez, os nenos e nenas de Infantil protagonizan outra entrada no noso blogue.
Un destes días chegaron á súa aula e atopáronse cunha caixa chea de LARANXAS!!
QUE PODÍAN FACER CON ELAS? Pois decidiron, sen dubidar que faríanZUME DE LARANXA.
Deixámosvos a continuación cunha reportaxe na que podemos ver coma os nosos pequenos gañan en AUTONOMÍA E INDEPENDENCIA se perdemos os nosos medos e lles deixamos facer a eles, practicar, APRENDER FACENDO...