mércores, 20 de xuño de 2018

LIMOADA DE BALDE, GRATIS, FREE!!

O pasado martes os rapaces e rapazas de 6º xunto coa súa mestra Gloria elaboraron unhas deliciosas limoadas que logo con moito gusto compartiron con todos os nenos e nenas do colexio.

O día anterior, encargáronse de anunciar por tódalas aulas que habería limoada no recreo do martes para calquera que se quixera achegar o seu "stand" e que trouxera un vaso para que lles servisen.

Para facer esta fantástica, abundante e fresca limoada fixeron o seguinte:
-Exprimiron 2 kilos de limóns, 
-Botaron seis culleres de azucre e 5 litros de auga.
-Meteron no frigorífico durante aproximadamente media hora.  
-Serviron frío. 

Unha receita xenial para tomar nas tardes de verán.

Ademais, a mestra púxolles na aula un video no que se expoñía a forma correcta para facer e permanecer na espera nunha fila. E que ten que ver isto coa limoada? Pois aparentemente nada, pero veu a colación de que para servir a limoada había un cartel que anunciaba a fila única e ordeada.  Todo moi preparado e organizado. Ollade no video!!!

Moitas grazas os maiores do noso cole e a súa mestra Gloria!!




venres, 8 de xuño de 2018

mércores, 6 de xuño de 2018

CHARLA-OBRADOIRO LÁCTEOS

Hoxe, os rapaces e rapazas da de 1º e 2º, 3º e 4º tiveron na Biblioteca do noso centro unha charla-obradoiro relacionada co consumo de lácteos.

Indagaron nos seus hábitos de alimentación, os seus coñecementos sobre o leite, os produtos lácteos e o seu proceso de producción.

Despois desta investigación de coñecementos previos, presentáronlles á vaca Lucy (protagonista da campaña) e proxectáronlles un breve video.

A continuación, unha vez familiarizados coa campaña e as personaxes, fixeron un pequeno debate sobre o consumo de lácteos, unha dinámica na que os nenos e nenas participaron aportando opinións e que serviu para asentar algúns coñecementos sobre o tema:
-Incluir 3 racións de lácteos ao día.
-Procedencia e modo de elaboración dos produtos lácteos.
-Variedade de produtos lácteos.

Na parte práctica-obradoiro, repartíronse fichas didácticas relacionadas cos lácteos.

MOITO OLLO!!!!Recordade a actividade que vos propuxeron e que pode ter premio:
"Elaborar unha receita que inclúa leite ou algún derivado e facer un selfie familiar que se deberá colgar na páxina web lucydisfrutaconloslacteos.com"

Para máis INFORMACIÓN preme no seguinte fío: 

http://lucydisfrutaconloslacteos.es/padres/concurso/














Deixámosvos o video do programa no que nos presentan a vaca Lucy:

luns, 4 de xuño de 2018

SEGUIMOS REPARTINDO FROITA FRESCA

Recordamos as familias e alumnos do noso centro, que durante esta semana, continuaremos co reparto de 
FROITA FRESCA!!

MUFFINS DE CENORIA E PLÁTANO

Hoxe os rapaces e rapazas de 5º A e B, fixeron un gran traballo en equipo, acompañados das súas mestras e dirixidos pola cociñeira. Xuntáronse para elaborar outra das nosas receitas saudables: MUFFINS DE CENORIA E PLÁTANO.

Unha estupenda , saudable e sinxela receitar para facer por exemplo unha merenda lixeira.

Os ingredientes son os seguintes:

  • Cenorias.
  • Plátanos maduros
  • Ovos
  • Esencia de vainilla
  • Fariña de avea
  • Fariña integral
  • Levadura
  • Sal
  • Canela
Os pasos para facelo son:

  1. Preparar o forno a 180º
  2. Raiar as cenorias.
  3. Triturar os plátanos coa axuda dun garfo.
  4. Mesturar o puré de plátano e as cenorias raiadas cos ovos e  a esencia de vainilla.
  5. Mesturar as fariñas coa levadura en pó.
  6. Engadir pouco a pouco a mestura das fariñas a mestura do plátano e a cenoria mentres se remove para que os ingredientes se xunten.
  7. Untar os moldes das madalenas cun pouco de aceite de oliva.
  8. Verter a mestura nos moldes.
  9. Levar ao forno durante 15 minutos aproximadamente.
  10. Deixar enfriar.
QUE VOS PARECEN???


GALLETAS SAUDABLES DE PLÁTANO, COCO E PASAS

A pasada semana, os rapaces e rapazas de 6º A xunto coa súa titora Silvia, Sara e a cociñeira Berta, elaboraron unhas galletas de plátano, coco e pasas.


Pero antes de facelo, a mestra plantexoulles os seus alumnos e alumnas un conflito. Tiñan a receita para facer galletas para 12 ou 15 persoas coas cantidades correspondentes, obviamente. Entón que fariamos no noso caso para conseguir galletas para 30 persoas (ou o que é o mesmo, para tocar a dúas galletas cada un)....MULTIPLICALOS INGREDIENTES PROFE!!!

Vale, e se as tiveramos que facer para un grupo de xente máis grande...poñamos que para 250 persoas? Tiveron que facer cálculos, empregando as súas dotes matemáticas!
Pero ademais tiveron que redactar a receita co texto correspondente a mesma: texto INSTRUCTIVO.

Unha actividade moi completa e saborosa!!
A RECEITA: CÁLCULOS E REDACCIÓN TEXTO INSTRUCTIVO