xoves, 22 de maio de 2014

PIRULETAS DE KIWI

PIRULETAS DE KIWI
polo alumnado de 2º curso

RECEITA:

Cortamos os kiwis en toros grosos, introducímoslles un pau de polo e bañámolos en chocolate para tartas derretido.
Deixámolos arrefriar na nevera e cando a cuberta de chocolate esté sólida pódense comer.









COMPOTA DE MAZÁ E PERA

COMPOTA DE MAZÁ E PERA
polo alumnado de 3º curso

RECEITA:

Pelamos e picamos as mazás e as peras en anacos pequenos.
Cubrimos o fondo dunha cazola cun pouco de auga, botamos os anaquiños de mazás e peras e poñémola ao lume.
Deixamos  cocer remexendo para que non se peque.  Cando estea case cocido botámoslle azucre según o noso gusto e deixamos que se siga facendo.
Logo apagamos o lume e batémos todo.
Botámos o preparado nunha taciña e adornamos con galletiñas.










luns, 12 de maio de 2014

Batido de plátano

  BATIDO DE PLÁTANO
polo alumnado de 1º curso

RECEITA:

Retiramos a casca dos plátanos e picámolos en anacos, colocámolos na batidora e agregámoslle leite.
Batemos a velocidade alta.
Probamos e se notamos que os plátanos non estaban moi maduros, botamos azucre e voltamos bater.
Ao remate, vertemos o preparado en vasos e metémolos na nevera para que arrefríen.
Adornanse con cacao en po e un pauciño de chocolate.