sábado, 29 de decembro de 2018

ANIVERSARIOS 1º FROITAS E NADAL

Os gandareiros e gandareiras de 1º de E.Primaria e a súa mestra Merce, fixeron uns apetecibles e divertidos espetos de Nadal: Santa Claus de plátano, fresa e queixo fresco e tamén  Grinch de fresa e uva.

No noso cole, e mediante este proxecto do Aliménta-t Ben, queremos demostrar que comer san e saudable non é aburrido, senón todo o contrario.

Os ingredientes: plátanos, fresas, uvas, queixo fresco e doses elevadas de entusiasmo.
Elaboración: lavar ben as froitas, cortar e espetar seguindo a serie axeitada para crear as personaxes mencionadas.

E con isto e un biscoito.... deixámosvos as nosas fotos para inspirarvos!!!

BOAS FESTAS!!!!!🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🍓🍓🍓🍌🍌🍌🍇🍇🎉🎉🎉🎉


ANIVERSARIOS 2º E.P. MANUEL E JERAY: ÁRBORES DE FROITA

No mes de decembro, na aula de 2º de E.Primaria, seguiron a celebrar aniversarios dos pequenos, neste caso, o de Manuel e Jeray (o que non atoparedes  nas fotos porque non puido vir ese día).

Tendo en conta as datas nas que nos atopamos, a súa mestra Cristina, propuxo realizar unhas árbores de nadal con froitas. Idea moi axeitada e saudable!🎄🎄🎄🎅🎅

Os INGREDIENTES precisos para a súa realización son:

  • KIWI 
  • GRANADA
  • REGALICIA
  • LAMBETADAS
A ELABORACIÓN é moi sinxela, so precisas un pouquiño de tempo e deixar voar a túa imaxinación. 
  1. Pelar os kiwis e cortar anacos en forma de media lúa (serán as follas da nosa árbore)
  2. Baleirar as granadas (serán os adornos da nosa árbore xunto coas outras lambetadas)
  3. Colocar as regalicias a modo de tronco.
E xa está!!! FACÉDEO NA CASA COAS FAMILIAS E PASADE UN BO RATO!

Un aniversario saudable, entretido e xogando coa creatividade de cadaquén.

GRACIAS POR COMPARTIRLO CON NÓS AOS RAPACES E RAPAZAS DE 2º E A SÚA MESTRA.

sábado, 17 de novembro de 2018

ANIVERSARIOS ANABELLA E DINIS: MAZÁS DIABÓLICAS

Para celebrar os aniversarios dos compañeiros de 2º de Educación Primaria Anabella e Dinis, a súa mestra Cristina e tendo en conta que coincidía coas datas do Samaín, propúxolles realizar unha receita medorenta: Mazás Diabólicas!!🍎🍎😈


Os ingredientes necesarios son:
-Mazás
-Foundant
-Chocolate

A que se vos fai a boca auga e desexades saber como se fan? 😋😋😋😋
Pois aquí vos deixamos os pasos para a súa elaboración:
1º. Amasamos o foundant.
2º. Revestimos as mazás.
3º. Decoramos con chocolate fundido.


E........COMEMOS!!

A continuación, deixámosvos un vídeo para que poidades ver como o fixemos, o sinxelo que foi e o ben que o pasamos.

Parabéns Anabella e Dinis!🎊🎈🎈🎈🎈🎉
 Esperamos que pasarades un rato divertido e feliz!

venres, 16 de novembro de 2018

ANIVERSARIO JAVI 1º: CABAZAS MANDARINA

Na aula de 1º coa mestra Mercedes, para celebrar o aniversario dun dos rapaces Javi, decidiron ter un "tentempé" moi saudable, divertido e de medo:
Cabazas mandarina.🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃


Recordamos que se festexou durante a época do Samaín!

Os ingredientes e elaboración foron ben sinxelos. Tan só precisamos mandarinas e barras de regalicia de cor verde.
1º. Mondamos as mandarinas (traballamos a motricidade fina).
2º. Furamos as barras de regalicia no medio das mandarinas a modo de rabiño da cabaza.


Mirade como gozamos compartindo actividades xuntos!

PARABÉNS AMIGO JAVI!!

sábado, 27 de outubro de 2018

MENÚS SAUDABLES POLOS RAPACES E RAPAZAS DE 6º A

Na aula de 6º A, rapazas e rapaces tiveron que preparar un menú saudable para un día tendo en conta que se recomenda realizar cinco comidas ao día.

Nas clases de Ciencias Naturais estamos a tratar o tema da alimentación e a importancia de ter unha dieta equilibrada na que incorporemos todos os nutrientes necesarios para conseguir enerxía e manternos sans: froitas e verduras, evitar consumo de graxas saturadas, peixes e carnes...

Tendo en conta todos estes aspectos, de xeito individual elaboraron o seu menú e agora témolo exposto na nosa aula. 


luns, 22 de outubro de 2018

DÍA DA ALIMENTACIÓN! 16 de OUTUBRO 2018.

Non houbo mellor maneira de dar comezo ás entradas deste curso no noso blogue do proxecta Aliménta-t Ben que a Andaina que nos marcamos os alumnos, alumnas e mestres de 6º de Primaria no Día Mundial da Alimentación (16 de outubro)

O martes pola mañá os rapaces e rapazas de 6º e máis os seus mestres Ismael, Ángeles, Naza e Cris, puxemos rumbo á III Andaina do Camiño de Inverno, organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra.

O percorrido tivo unha lonxitude de 5, 5 km aproximadamente, nas que existiu certa dificultade polas pendentes de subida e baixada e polos tramos de terreos de barro que nos fomos atopando, que os nosos rapaces e rapazas foron sorteando con éxito.

Partimos da igrexa de San Paio de Diomondi, na zona de O Saviñao e rematamos en San Pedro de Líncora (Chantada). Paramos a facer un descanso na Adega "Vía Romana", onde tomamos un tentempé: auga, mazá e chocolatina. 

O tramo realizado correspóndese coa etapa de Monforte de Lemos a Chantada.

Ademáis das fotos que presentamos a continuación, quedarán no noso recordo e deixarán pegadas, as fermosas paisaxes vistas, o valor do esforzo, a importancia do deporte e a boa alimentación que inflúe no noso rendemento, as risas cos amigos, a axuda nas dificultades, ó compartir experiencias con coñecidos e descoñecidos, a confianza nas nosas posibilidades " se queres, podes", os olores, sons e cores da natureza...

GRAZAS A TODAS E TODOS POLO VOSO ESFORZO!!!



mércores, 20 de xuño de 2018

LIMOADA DE BALDE, GRATIS, FREE!!

O pasado martes os rapaces e rapazas de 6º xunto coa súa mestra Gloria elaboraron unhas deliciosas limoadas que logo con moito gusto compartiron con todos os nenos e nenas do colexio.

O día anterior, encargáronse de anunciar por tódalas aulas que habería limoada no recreo do martes para calquera que se quixera achegar o seu "stand" e que trouxera un vaso para que lles servisen.

Para facer esta fantástica, abundante e fresca limoada fixeron o seguinte:
-Exprimiron 2 kilos de limóns, 
-Botaron seis culleres de azucre e 5 litros de auga.
-Meteron no frigorífico durante aproximadamente media hora.  
-Serviron frío. 

Unha receita xenial para tomar nas tardes de verán.

Ademais, a mestra púxolles na aula un video no que se expoñía a forma correcta para facer e permanecer na espera nunha fila. E que ten que ver isto coa limoada? Pois aparentemente nada, pero veu a colación de que para servir a limoada había un cartel que anunciaba a fila única e ordeada.  Todo moi preparado e organizado. Ollade no video!!!

Moitas grazas os maiores do noso cole e a súa mestra Gloria!!




venres, 8 de xuño de 2018

mércores, 6 de xuño de 2018

CHARLA-OBRADOIRO LÁCTEOS

Hoxe, os rapaces e rapazas da de 1º e 2º, 3º e 4º tiveron na Biblioteca do noso centro unha charla-obradoiro relacionada co consumo de lácteos.

Indagaron nos seus hábitos de alimentación, os seus coñecementos sobre o leite, os produtos lácteos e o seu proceso de producción.

Despois desta investigación de coñecementos previos, presentáronlles á vaca Lucy (protagonista da campaña) e proxectáronlles un breve video.

A continuación, unha vez familiarizados coa campaña e as personaxes, fixeron un pequeno debate sobre o consumo de lácteos, unha dinámica na que os nenos e nenas participaron aportando opinións e que serviu para asentar algúns coñecementos sobre o tema:
-Incluir 3 racións de lácteos ao día.
-Procedencia e modo de elaboración dos produtos lácteos.
-Variedade de produtos lácteos.

Na parte práctica-obradoiro, repartíronse fichas didácticas relacionadas cos lácteos.

MOITO OLLO!!!!Recordade a actividade que vos propuxeron e que pode ter premio:
"Elaborar unha receita que inclúa leite ou algún derivado e facer un selfie familiar que se deberá colgar na páxina web lucydisfrutaconloslacteos.com"

Para máis INFORMACIÓN preme no seguinte fío: 

http://lucydisfrutaconloslacteos.es/padres/concurso/














Deixámosvos o video do programa no que nos presentan a vaca Lucy:

luns, 4 de xuño de 2018

SEGUIMOS REPARTINDO FROITA FRESCA

Recordamos as familias e alumnos do noso centro, que durante esta semana, continuaremos co reparto de 
FROITA FRESCA!!

MUFFINS DE CENORIA E PLÁTANO

Hoxe os rapaces e rapazas de 5º A e B, fixeron un gran traballo en equipo, acompañados das súas mestras e dirixidos pola cociñeira. Xuntáronse para elaborar outra das nosas receitas saudables: MUFFINS DE CENORIA E PLÁTANO.

Unha estupenda , saudable e sinxela receitar para facer por exemplo unha merenda lixeira.

Os ingredientes son os seguintes:

  • Cenorias.
  • Plátanos maduros
  • Ovos
  • Esencia de vainilla
  • Fariña de avea
  • Fariña integral
  • Levadura
  • Sal
  • Canela
Os pasos para facelo son:

  1. Preparar o forno a 180º
  2. Raiar as cenorias.
  3. Triturar os plátanos coa axuda dun garfo.
  4. Mesturar o puré de plátano e as cenorias raiadas cos ovos e  a esencia de vainilla.
  5. Mesturar as fariñas coa levadura en pó.
  6. Engadir pouco a pouco a mestura das fariñas a mestura do plátano e a cenoria mentres se remove para que os ingredientes se xunten.
  7. Untar os moldes das madalenas cun pouco de aceite de oliva.
  8. Verter a mestura nos moldes.
  9. Levar ao forno durante 15 minutos aproximadamente.
  10. Deixar enfriar.
QUE VOS PARECEN???


GALLETAS SAUDABLES DE PLÁTANO, COCO E PASAS

A pasada semana, os rapaces e rapazas de 6º A xunto coa súa titora Silvia, Sara e a cociñeira Berta, elaboraron unhas galletas de plátano, coco e pasas.


Pero antes de facelo, a mestra plantexoulles os seus alumnos e alumnas un conflito. Tiñan a receita para facer galletas para 12 ou 15 persoas coas cantidades correspondentes, obviamente. Entón que fariamos no noso caso para conseguir galletas para 30 persoas (ou o que é o mesmo, para tocar a dúas galletas cada un)....MULTIPLICALOS INGREDIENTES PROFE!!!

Vale, e se as tiveramos que facer para un grupo de xente máis grande...poñamos que para 250 persoas? Tiveron que facer cálculos, empregando as súas dotes matemáticas!
Pero ademais tiveron que redactar a receita co texto correspondente a mesma: texto INSTRUCTIVO.

Unha actividade moi completa e saborosa!!
A RECEITA: CÁLCULOS E REDACCIÓN TEXTO INSTRUCTIVO

venres, 25 de maio de 2018

ALERTAAAAAAAAAAAA📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢📢

ATENCIÓN, ATENCIÓN, ATENCIÓN.....

Comprácenos anunciar que a próxima semana do 28 de maio ao 1 de xuño (ambos os dous incluidos) teremos.....


FROITA FRESCA NOS TEMPOS DE LECER!!!!!!!
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏






domingo, 6 de maio de 2018

SABOREANDO A VIDA

Novamente, na aula de 2º de Primaria, tomando como punto de partida os contidos da área de Ciencias Naturais, os nenos e nenas participaron nunha sesión de aprendizaxe do máis divertida. 

A mellor forma de aprender, empregando tódolos nosos sentidos. Neste caso, os sentidos máis necesarios eran o gusto e o olfacto.

O mestre dispuxo en cada grupo de alumnos e alumnas, catro vasiños con diferentes líquidos que se correspondían cos catro sabores: doce, amargo, acedo e salgado.

Primeiro, xogaron a probar cos ollos abertos e adiviñar de que sabor se trataba. Logo, os capitanes e capitanas de cada grupo, tapaban ou mandaban pechar os ollos os compañeiros e animábanos a probar.

Despois, o mestre escolleu a un de cada grupo, e con ollos vendados cun antiface, debían acertar o sabor que lle proporcionaba.

Foi un pracer, observar como confiaban e se arriscaban a probar. Un auténtico reto superado para algúns!!

Para rematar a sesión, tivemos unha sorpresa doce: chocolate!!!!

Pero a cousa non quedou aí. Puxemos en marcha, outra competencia, a artística. A última actividade, consistía en nada máis e nada menos que pintar nun folio blanco con chocolate

Gozaron moito da actividade e sobre todo do doce!

No vídeo deixámosvos fotos de todo o proceso e as súas obras de arte chocolateiras!!😋😋😋😋😋



venres, 2 de marzo de 2018

ALIMENTACIÓN SAUDABLE!

Na aula de 2º Primaria, nenos e nenas traballaron o tema do CORPO a través da creación dun Lapbook, para recoller a información máis importante dun xeito moi atractivo e visual.

O mestre Óscar, planificou as sesións de traballo na aula e na biblioteca. Organizou pequenos grupos de traballo cooperativo, dando responsabilidades os seus membros, facilitando instruccións claras e precisas, favorecendo a aprendizaxe activa e a participación, achegando información dun xeito máis entretido e significativo.

A alimentación xoga un papel fundamental no coidado do noso corpo e de iso aprenderon e deron boa conta os nenos e nenas desta aula.

Pasade e observade o seu gran traballo!

Grazas mestre Óscar e mestra Naza.😉




xoves, 15 de febreiro de 2018

MATEMÁTICAS EN 5º CON CATÁLOGOS DO SUPERMERCADO

Nas aulas de 5º, estamos a aproveitar e reciclar os catálogos de alimentación dos supermercados para traballar aspectos e contidos lóxico-matemáticos.

Neste caso, por exemplo, aprendemos sobre os números decimais, observando e xogando cos precios dos productos: comparando números decimais (maior, menor, igual), sinalando parte enteira e parte decimal, facendo problemas de compra de diferentes produtos -operacións: suma, resta, multiplicación-, conceptos barato-caro...).





Outra actividade proposta pola profe Iria, consistía en escoller productos para elaborar un menú saudable (almorzo, comida e cea) pero de xeito que ademais de saudable resultase económico. A proposta incluía traballar coas TICS. Así que os rapaces e rapazas puxéronse mans o asunto.

-Entrar na web do supermercado.
-Seleccionar os produtos axeitados para cada comida (tendo en conta a súa saudabilidade e o seu precio)
-Elaborar lista da compra.
-Calcular os euros que gastarían.










mércores, 14 de febreiro de 2018

EMPANADA DE MAZÁ. 3º E.PRIMARIA

A profe María sorprendeu os rapaces e rapazas da súa titoría de 3º de Primaria a semana pasada.
Nas clases de Matemáticas andan a traballar a multiplicación. Despois de varias ideas, presentoulles unha receita de Empanada de Mazá, arredor da cal, xiraría toda a sorpresa do día.

Fixeron un gran traballo na aula (lendo comprensivamente, pensando e calculando as cantidades necesarias para elaborar as empanadas e solucionando o problema reflexivamente, poñendo en práctica o traballado, sendo autónomos, aprendendo e disfrutando traballando e colaborando cos seus compañeiros....)

Unha actividade moi completa da que damos conta con imaxes. As familias tamén participaron da actividade degustando as empanadas realizadas con tanto agarimo polos seus fillos e fillas.

Moitas grazas profe María e moitas grazas coma sempre as nosas cociñeiras: Berta, Teresa  e Ana.


sábado, 10 de febreiro de 2018

ZUME DE LARANXA 3 ANOS

Outra vez, os nenos e nenas de Infantil protagonizan outra entrada no noso blogue.

Un destes días chegaron á súa aula e atopáronse cunha caixa chea de LARANXAS!!

QUE PODÍAN FACER CON ELAS? Pois decidiron, sen dubidar que  farían ZUME DE LARANXA.

Deixámosvos a continuación cunha reportaxe na que podemos ver coma os nosos pequenos gañan en AUTONOMÍA E INDEPENDENCIA se perdemos os nosos medos e lles deixamos facer a eles, practicar, APRENDER FACENDO...

BRAVO NENOS E NENAS!!
E GRAZAS AS MESTRAS ELENA E PAZ



luns, 5 de febreiro de 2018

FROITOS DE OUTONO: NOCES E CASTAÑAS

Como xa anunciamos, aquí nos tedes de volta!

Comezamos cunha entrada no blogue dunha actividade realizada polos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil coas súas mestras Elena e Paz.
Empregaron os seus sentidos (tacto, vista e gusto) para identificar e coñecer dous froitos de outono ben típicos: as noces e as castañas.

Pasade e mirade que actividade tan sinxela e divertida!!!

Recordade
Os froitos secos son saudables e nutritivos! Teñen moito valor enerxético!💪💓💪

martes, 23 de xaneiro de 2018

ESTAMOS DE VOLTA GANDAREIROS E GANDAREIRAS!

Boas, pronto comezaremos coas nosas entradas saudables e receitas deliciosas que poderedes facer sos ou acompañados.

Unha maneira sinxela e divertida de coidar do noso corpo e da nosa saúde!💪

ESTADE BEN ATENTOS!!!! Pronto haberá NOVAS NOSAS!😉🍴🍴