Actividade organizada pola consellería para fomentar o consumo de bocadillos saudables feitos con productos en conserva.
luns, 23 de xuño de 2014
SORBETE DE SANDÍA
SORBETE DE SANDÍA
polo alumnado de 6º curso
RECEITA:
Quitámoslle a casca e as sementes á sandía e trituramos a pulpa ata que quede un puré.
Nunha cazola poñemos un vaso de auga e dous de azucre e deixamos cocer durante cinco minutos para formar un almíbar lixeiro. Logo botámoslle o zume de dúas laranxas e un limón e deixamos arrefríar.
Despois remexemos o puré de sandía co almíbar nunha cazola ancha e baixa e metémolo no conxelador a repousar. Removemos cada 30 minutos.
Servimos conxelado e decorado cunha brocheta de boliñas de sandía e follas de menta.
xoves, 19 de xuño de 2014
Cereixas bombón
CEREIXAS BOMBÓN
polo alumnado de 6º de E. Infantil ( 5 anos)
Receita:
Lavamos ben as cereixas.
Nunha cazola derretemos chocolate a "baño maría" e imos introducindo as cereixas nel ata que quedan ben cubertas de chocolate. Deixanse arrefriar e xa temos unhas cereixas bombón riquísimas.
Tomamos leite no comedor
O alumnado de educación infantil pode tomar leite no comedor escolar como complemento da súa alimentación.
martes, 17 de xuño de 2014
FROITA NO RECREO
Durante o mes de maio non traemos lambetadas da casa para o recreo porque tomamos froita que está riquísima e é moito más san.
luns, 2 de xuño de 2014
MACEDONIA DE FROITAS
MACEDONIA DE FROITAS
polo alumnado de 5º curso
RECEITA:
Lavamos ben as mazás, peras, kiwis, plátanos, piña, amorodos e uvas e picámolas en anacos proporcionais.
Exprimimos o zume das laranzas nun vaso.
Botamos a macedonia en taciñas , un pouco de azucre e o zume de laranxa por riba e listo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)