xoves, 15 de febreiro de 2018

MATEMÁTICAS EN 5º CON CATÁLOGOS DO SUPERMERCADO

Nas aulas de 5º, estamos a aproveitar e reciclar os catálogos de alimentación dos supermercados para traballar aspectos e contidos lóxico-matemáticos.

Neste caso, por exemplo, aprendemos sobre os números decimais, observando e xogando cos precios dos productos: comparando números decimais (maior, menor, igual), sinalando parte enteira e parte decimal, facendo problemas de compra de diferentes produtos -operacións: suma, resta, multiplicación-, conceptos barato-caro...).





Outra actividade proposta pola profe Iria, consistía en escoller productos para elaborar un menú saudable (almorzo, comida e cea) pero de xeito que ademais de saudable resultase económico. A proposta incluía traballar coas TICS. Así que os rapaces e rapazas puxéronse mans o asunto.

-Entrar na web do supermercado.
-Seleccionar os produtos axeitados para cada comida (tendo en conta a súa saudabilidade e o seu precio)
-Elaborar lista da compra.
-Calcular os euros que gastarían.










mércores, 14 de febreiro de 2018

EMPANADA DE MAZÁ. 3º E.PRIMARIA

A profe María sorprendeu os rapaces e rapazas da súa titoría de 3º de Primaria a semana pasada.
Nas clases de Matemáticas andan a traballar a multiplicación. Despois de varias ideas, presentoulles unha receita de Empanada de Mazá, arredor da cal, xiraría toda a sorpresa do día.

Fixeron un gran traballo na aula (lendo comprensivamente, pensando e calculando as cantidades necesarias para elaborar as empanadas e solucionando o problema reflexivamente, poñendo en práctica o traballado, sendo autónomos, aprendendo e disfrutando traballando e colaborando cos seus compañeiros....)

Unha actividade moi completa da que damos conta con imaxes. As familias tamén participaron da actividade degustando as empanadas realizadas con tanto agarimo polos seus fillos e fillas.

Moitas grazas profe María e moitas grazas coma sempre as nosas cociñeiras: Berta, Teresa  e Ana.


sábado, 10 de febreiro de 2018

ZUME DE LARANXA 3 ANOS

Outra vez, os nenos e nenas de Infantil protagonizan outra entrada no noso blogue.

Un destes días chegaron á súa aula e atopáronse cunha caixa chea de LARANXAS!!

QUE PODÍAN FACER CON ELAS? Pois decidiron, sen dubidar que  farían ZUME DE LARANXA.

Deixámosvos a continuación cunha reportaxe na que podemos ver coma os nosos pequenos gañan en AUTONOMÍA E INDEPENDENCIA se perdemos os nosos medos e lles deixamos facer a eles, practicar, APRENDER FACENDO...

BRAVO NENOS E NENAS!!
E GRAZAS AS MESTRAS ELENA E PAZ



luns, 5 de febreiro de 2018

FROITOS DE OUTONO: NOCES E CASTAÑAS

Como xa anunciamos, aquí nos tedes de volta!

Comezamos cunha entrada no blogue dunha actividade realizada polos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil coas súas mestras Elena e Paz.
Empregaron os seus sentidos (tacto, vista e gusto) para identificar e coñecer dous froitos de outono ben típicos: as noces e as castañas.

Pasade e mirade que actividade tan sinxela e divertida!!!

Recordade
Os froitos secos son saudables e nutritivos! Teñen moito valor enerxético!💪💓💪