martes, 9 de decembro de 2014

RECEITAS DE NADAL

Papás, mamás, avós, avoas,tíos, nenos e nenas 
se nestas festas queredes agasallar
 mans á obra e a poñerse a cociñar!! 

EN FAMILIA SABE MELLOR!!
cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

luns, 23 de xuño de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Actividade organizada pola consellería para fomentar o consumo de bocadillos saudables feitos con productos en conserva.







SORBETE DE SANDÍA

SORBETE DE SANDÍA
polo alumnado de 6º curso

RECEITA:
Quitámoslle a casca e as sementes á sandía e trituramos a pulpa ata que quede un puré.
Nunha cazola poñemos un vaso de auga e dous de azucre e deixamos cocer durante cinco minutos para formar un almíbar lixeiro. Logo botámoslle o zume de dúas laranxas e un limón e deixamos arrefríar.
Despois remexemos o puré de sandía co almíbar nunha cazola ancha e baixa e metémolo no conxelador a repousar. Removemos  cada 30 minutos.
Servimos conxelado e decorado cunha brocheta de boliñas de sandía e follas de menta.






xoves, 19 de xuño de 2014

Cereixas bombón

CEREIXAS BOMBÓN
polo alumnado de 6º de E. Infantil ( 5 anos)

Receita:
Lavamos ben as cereixas. 
Nunha cazola derretemos chocolate a "baño maría" e imos introducindo as cereixas nel ata que quedan ben cubertas de chocolate. Deixanse arrefriar e xa temos unhas cereixas bombón riquísimas.















Tomamos leite no comedor

O alumnado de educación infantil pode tomar leite no comedor escolar como complemento da súa alimentación.


martes, 17 de xuño de 2014

FROITA NO RECREO

Durante o mes de maio non traemos lambetadas da casa para o recreo porque tomamos froita que está riquísima e é moito más san.












luns, 2 de xuño de 2014

MACEDONIA DE FROITAS

MACEDONIA DE FROITAS
polo alumnado de 5º curso

RECEITA:

Lavamos ben  as mazás, peras, kiwis, plátanos, piña, amorodos e uvas  e picámolas en anacos proporcionais.
Exprimimos o zume das laranzas nun vaso.
Botamos a macedonia en taciñas , un pouco de azucre e o zume de laranxa por riba e listo.















xoves, 22 de maio de 2014

PIRULETAS DE KIWI

PIRULETAS DE KIWI
polo alumnado de 2º curso

RECEITA:

Cortamos os kiwis en toros grosos, introducímoslles un pau de polo e bañámolos en chocolate para tartas derretido.
Deixámolos arrefriar na nevera e cando a cuberta de chocolate esté sólida pódense comer.