luns, 23 de xuño de 2014

SORBETE DE SANDÍA

SORBETE DE SANDÍA
polo alumnado de 6º curso

RECEITA:
Quitámoslle a casca e as sementes á sandía e trituramos a pulpa ata que quede un puré.
Nunha cazola poñemos un vaso de auga e dous de azucre e deixamos cocer durante cinco minutos para formar un almíbar lixeiro. Logo botámoslle o zume de dúas laranxas e un limón e deixamos arrefríar.
Despois remexemos o puré de sandía co almíbar nunha cazola ancha e baixa e metémolo no conxelador a repousar. Removemos  cada 30 minutos.
Servimos conxelado e decorado cunha brocheta de boliñas de sandía e follas de menta.






Ningún comentario:

Publicar un comentario