luns, 30 de maio de 2016

ACTIVIDADE CREA-FROITAS DIVERTIDAS!! Alumnado de 2º E.P.

Na aula de 2º de Educación Primaria, estiveron traballando as descripcións.
Buscaron unha actividade divertida para aplicar os seus coñecementos e como resultado da súa imaxinación e creatividade, naceron inxeniosas e tolas novas froitas.
Fixeron un debuxo, déronlles un nome e describiron a súa nova froita!!

domingo, 29 de maio de 2016

FROITA FRESCA. SEMANA DO 23 AO 27 DE MAIO

Seguimos a disfrutar de saborosa froita durante os tempos de lecer. 
Mirade canta variedade de froita e como nos gusta!!!


domingo, 22 de maio de 2016

FROITA FRESCA NA GÁNDARA. SEMANA 9 AO 13 DE MAIO

A semana do 9 ao 13 de maio comezou o reparto de froita fresca durante o tempo de lecer.
 Dicirvos que os rapaces e rapazas do noso cole comen nela que dá gusto!!! 
Aquí tedes unha pequena proba visual.

COMEDE FROITA TODOS OS DÍAS!!

sábado, 14 de maio de 2016

MARMELADA DE FROITOS VERMELLOS (AMORODOS E FRAMBOESAS) PARA O DÍA DA FAMILIA. ALUMNADO 1º E. PRIMARIA.

       Os rapaces e rapazas da aula de 1º xunto coa súa titora Mercedes, Yoli e máis Berta, decidiron facer marmelada de amorodos e framboesas, para agasallar ás súas familias o   15 de maio "Día da FAMILIA"


Eles pasáronno xenial facéndoa...
Agardamos que vos desfrutedes coméndoa.
FELIZ DÍA FAMILIAS!



cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

MARMELADA DE AMORODOS PARA CELEBRAR O DÍA DA FAMILIA. ALUMNADO DE 2º E. PRIMARIA

   A profe Silvia tivo a fantástica idea de realizar marmelada de amorodos para agasallar no día da familia. Comentouno cos  rapaces e rapazas da súa aula e encantoulles a idea.

   Primeiro, investigaron o modo de facela e unha vez recollida toda a información, coa inestimable axuda de Silvia e Berta, a cociñeira, puxéronse mans á obra para ter todo listo para o día.


Desfrutaron moito facéndoa!
Agora tócavos a vos, Familias. Desfrutade do seu sabor.
FELIZ DÍA DA FAMILIA
15 de maio de 2016


cris pampin de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 8 de maio de 2016

FROITA SAN NA MERENDA

AMORODOS



                                            PLÁTANO

KIWI

MAZÁ