domingo, 6 de maio de 2018

SABOREANDO A VIDA

Novamente, na aula de 2º de Primaria, tomando como punto de partida os contidos da área de Ciencias Naturais, os nenos e nenas participaron nunha sesión de aprendizaxe do máis divertida. 

A mellor forma de aprender, empregando tódolos nosos sentidos. Neste caso, os sentidos máis necesarios eran o gusto e o olfacto.

O mestre dispuxo en cada grupo de alumnos e alumnas, catro vasiños con diferentes líquidos que se correspondían cos catro sabores: doce, amargo, acedo e salgado.

Primeiro, xogaron a probar cos ollos abertos e adiviñar de que sabor se trataba. Logo, os capitanes e capitanas de cada grupo, tapaban ou mandaban pechar os ollos os compañeiros e animábanos a probar.

Despois, o mestre escolleu a un de cada grupo, e con ollos vendados cun antiface, debían acertar o sabor que lle proporcionaba.

Foi un pracer, observar como confiaban e se arriscaban a probar. Un auténtico reto superado para algúns!!

Para rematar a sesión, tivemos unha sorpresa doce: chocolate!!!!

Pero a cousa non quedou aí. Puxemos en marcha, outra competencia, a artística. A última actividade, consistía en nada máis e nada menos que pintar nun folio blanco con chocolate

Gozaron moito da actividade e sobre todo do doce!

No vídeo deixámosvos fotos de todo o proceso e as súas obras de arte chocolateiras!!😋😋😋😋😋



Ningún comentario:

Publicar un comentario