venres, 25 de novembro de 2016

CHARLA "AGRICULTURA ECOLÓXICA"

As alumnas e alumnos de 4º de Primaria, participaron nunha "Campaña de fomento da acuicultura ecolóxica" que se desenvolve en diversos centros educativos de Galicia. 

A través desta campaña, aprenden: -a identificar os alimentos ecolóxicos, 
 -a diferenciar os alimentos ecolóxicos dos que non o son, 
 -porque son máis saudables que os convencionais, 
-a coñecer a etiquetaxe coa que se comercializan estes alimentos...

Aprenden a través de xogos un pouco máis sobre estes alimentos ecolóxicos vinculados ao mar e ademais grazas a estas charlas foméntase o respecto polo mar. Fálanlles das bateas, das ameixas e das algas mariñas.  

E o mellor de todo foi, que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de probar estes alimentos.

Se queredes saber máis sobre a AGRICULTURA ECOLÓXICA podedes pinchar no fío que segue:


Ningún comentario:

Publicar un comentario