venres, 23 de xuño de 2017

CUESTIONARIO DE HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES por Valentina (2º E.P.)

A nosa alumna Valentina de 2º de Educación Primaria coa colaboración da mestra de Pedagoxía Terapéutica Bego, realizaron durante este último trimestre diferentes actividades de enriquecimento e ampliación, relacionándoas co Proxecto de Innovación Aliménta-t ben.

Valentina tivo que elaborar un cuestionario sinxelo para valorar os hábitos de almorzo dos nenos e nenas de 1º de E.Primaria. Neste punto traballou aspectos como: selección de información relevante para o tema, oracións interrogativas, estructura dun cuestionario, traballo e edición do mesmo nun procesador de textos (word)...

Este cuestionario posteriormente non foi editado na linguaxe escrita común, senón que neste punto, Valentina iniciouse na linguaxe de comunicación con pictogramas, elaborando o cuestionario a través da aplicación do pictotraductor.

O terceiro paso desta actividade, tiña como obxectivo pasar o cuestionario os alumnos e alumnas de 1º de primaria, co cal Valentina, desempeñaba o rol de entrevistadora, explicando os nenos e nenas en que consistía o cuestionario e o que tiñan que facer, solventando dúbidas durante o desenvolvemento do mesmo. Neste punto traballáronse habilidades sociais.

Por último, Valentina interpretou os datos e representounos en diagramas de barras.

Velaquí vos deixamos o seu traballo e os seus resultados!!

Moitas grazas Valentina polo teu esforzo!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario