mércores, 2 de xaneiro de 2019

FACEMOS MOSTO NA AULA DE 4 ANOS DE ED.INFANTIL

No mes de setembro, as nenas e nenos de 4 anos do noso cole xunto coa súa mestra Elena, fixeron un delicioso mosto de boa man.

Antes de degustar a bebida, recrearon dun xeito fascinante unha situación de vendima

Os pasos que seguiron para a súa elaboración foron os seguintes:

  1. Recollida das uvas, cortándoas do fío, semellando recollelas das propias cepas.
  2. Separar as uvas dos acios e poñer en pratos.
  3. Pasar as uvas por auga para limpalas.
  4. Esmagar as uvas.
  5. Coar 
  6. BEBER!!!!
Pasaron un día xenial e de seguro aprenderon un montón!
Velaí vos deixamos as fotos do seu traballo! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario