Na aula de 2º seguen a celebrar os aniversarios dos rapaces e rapazas de xeito saudable e introducindo froita nos seus festexos.
A mestra Cris, desta volta propuxo elaborar uns "canapés" xogando cos sabores: doce e salgado.
- O salgado: rebanda de pan, queixo de untar e tomates cherry
- O doce: rebanda de pan, manteiga de cacahuete, amorodos e lascas de chocolate.
O festexo destes aniversarios permite, ademáis de traballar e valorar a importancia dunha alimentación sá, a cohesión grupal xa que os nenos e nenas gozan de tempo xuntos, traballan a autonomía e multitude de valores (cooperación e colaboración, respeto, amizade, valor de compartir...)
Pero non quedan a gusto con todo isto, senón que tamén hai unha curiosidade na realización destes canapés. Xogan tamén coa aprendizaxe de habilidades matemáticas (medida).
As rebandas son de exactamente 2 cm de grosor.
Comprobade como o conseguiron nas imaxes!
PARABÉNS LEIRE E OLALLA!!!
QUE SEXADES MOI FELICES NESTE NOVO ANO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario