Se hai algo que se identifique especialmente co día da Paz son as POMBAS!
No noso cole, para festexar o día da Paz e NON Violencia, os rapaces e rapazas de 6º B coa axuda de Berta e as cociñeiras, e as súas mestras Ángeles e Naza, prepararon unhas galletas con forma de pomba e corazón para repartir paz e agarimo con todos os compañeiros e compañeiras do cole.🍪🍪🍪
Para a súa elaboración precisamos:
- Manteiga fría cortada en anacos.
- Azucre
- Ovo
- Fariña
- Esencia de vainilla
En canto á preparación:
- Bater a manteiga e máis o azucre ata integralos.
- Incorporar ovo e manteiga e bater de novo.
- Tamizar a fariña engadíndoa o bol e bater.
- Engadir a esencia.
- Estirar a masa ata alcanzar un grosor uniforme.
- Refrixerar uns minutos e prequecer forno a 180º.
- Dar forma cos moldes e pór sobre papel de cociña en bandexas.
- Levar ao forno durante 1'-12 minutos ata que os bordes se doren.
Aprendemos a traballar en equipo e a compartir. Pola tarde, tras o noso baile adicado a este día especial, os rapaces e rapazas de 6º B, repartiron polas diferentes aulas bandexas de galletas para facer aínda máis doce e agarimoso o día.
Moitas grazas a Berta e cociñeiras por colaborar e prestarnos a cociña para traballar, e porque ademais fixo unhas pouquiñas galletas de corazón máis para a sala de profes. TODO UN DETALLE!!
Contribuimos dende pequenas cousas da vida a conseguir a PAZ!
Ningún comentario:
Publicar un comentario