Na aula de 2º os rapaces e rapazas xunto coa súa mestra Cristina, seguen a celebrar os aniversarios dunha maneira sa, divertida e atractiva.
Empregando froitas deseñaron animais traballados no seu proxecto de animais en Ciencias Naturais: ourizos e peixes.
- PEIXES: mandarina, fresas e regalicia.
- OURIZOS: pera, palillos con uvas e lambetadas.
Ademais prepararon un delicioso zume de laranxas e laranxa sanguina. Rapaces e rapazas organizáronse en parellas e cada unha tiña que facer un peixe e un ourizo.
Despois de "cociñar"e "tolear" comezou a súa pequena festa, compartindo bebidas e receitas froiteiras.
Cremos que foi todo un éxito polo ben que o pasaron e damos mostra delo con estas fotos dos momentos vividos.
Grazas polo voso traballo!!
PARABÉNS A SARA, BRAIS, BREO E WILMER
PARABÉNS A SARA, BRAIS, BREO E WILMER
ALIMÉNTATE BEN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario